Susi Piñeiro Susi’s Comments (group member since Nov 09, 2020)



Showing 1-20 of 32
« previous 1

Oct 03, 2021 11:19AM

1130343 Eu remateino hai pouco e pareceume entretido, pero tampouco me encantou. Si que é curioso o cambio da personaxe principal, coma di, Marta. E gustoume que non se deixara vender a cambio de poder.
Sep 20, 2021 10:00PM

1130343 Ao final atopei Antígona na biblioteca de Pontevedra! Téñoa a medio ler, como o levades os demáis?

En breves hai que elixir unha nova lectura, así que si tenden propostas ide engadíndoas á listaxe: https://www.goodreads.com/list/show/1...

Apertas!
Aug 01, 2021 12:50AM

1130343 A biblioteca de Pontevedra en verán só abre pola mañán, igual vou a preguntar en setembro. Grazas pola info aos dous! :)
Jul 28, 2021 07:23AM

1130343 :)
Jul 28, 2021 07:23AM

1130343 :)
Jul 28, 2021 07:21AM

1130343 ola! Ao final quedou Antígona, a forza do sangue pa ler en xullo-agosto. Como non fixemos fíos antes, podemos poñelo ata setembro. Fágoos agora.

Non obstante, eu non creo que o lea, porque non o dou atopado, ¿alguén o empezou xa?
Jun 26, 2021 12:45AM

1130343 Compis, xa estamos case en xullo. Se tendes propostas novas de lectura é o momento de que as engadades á listaxe:

https://www.goodreads.com/list/show/1...

Así o xoves podemos facer a enquisa e deixamos ata o día 5 para votar a lectura de xullo-agosto.

Boa finde!
Jun 26, 2021 12:43AM

1130343 Remateino hai un mes máis ou menos. Pasei por varias etapas con este libro. Co corto que é ao ritmo que ía lendo catalogueino coma unha estraña fantasía urbana, un libro de autoaxuda disfrazado de ficción e despois como relato filosófico.

Gustoume a forma de relatar, pero os temas do relato deixáronme un pouco perplexa. O tema dos elefantes, pensaba que sería unha metáfora da ansiedade, pero despois cando podían cociñar a súa carne xa me perdeu todo o sentido. Igual o problema e que eu lle estaba buscando un sentido ao relato. Outra cousa que non me cadrou foi o experimento sociolóxico arredor do tema da invisibilidade, sobroume moitísimo.

Pensaba que pasado un tempo tería asimilado mellor a historia, pero non é o caso. Deixoume unha sensación agridoce. Non sabería dicir se me gustou ou non.
Jun 13, 2021 09:19PM

1130343 Eu tamén o rematei, pero costoume acabalo. Pasoume un pouco o mesmo, perdíame e non remataba de entender qué estaba pasando. Tamén é certo que non o collín con moita gana.
Apr 29, 2021 10:58AM

1130343 Ola, xente! Alguén empezou con esta lectura?

Eu levo uns 3 capítulos e é agora cando empeza a interesarme. Ao principio dábame a sensación de que ía variar nun libro de autoaxuda en vez de nun libro de narrativa, polo tema dos elefantes.

Xa se irá vendo! Vós como a levades?
Apr 20, 2021 10:09AM

1130343 Ola! Deixo por aquí unha ligazón a Galiciale do libro, por se alguén quere lelo en dixital e ten acceso á plataforma bibliotecaria :)

https://catalogo.galiciale.gal/Search...
Apr 05, 2021 11:42AM

1130343 Non me deixa crear o fío de Besta do seu sangue sen spoilers... no entendo por qué. Intentádeo vos, a ver se vos deixa.
Apr 05, 2021 11:36AM

1130343 Fío para opinar da lectura con spoilers
Apr 05, 2021 11:36AM

1130343 Opinade!
Apr 05, 2021 11:35AM

1130343 Sopas New Campbell

Comentade neste fío que vos vai parecendo a lectura, pero sen desvelar nada importante da trama!
Apr 05, 2021 11:27AM

1130343 Fenomenal, pois como ninguén dixo polo de agora que non, fago os fíos :)
Apr 01, 2021 01:29AM

1130343 Vale, quedaron empate as dúas lecturas outra vez! Qué vos parece se ampliamos o tempo de lectura xa ata xullo, lemos os dous títulos e abrimos fíos para as dúas lecturas? Cada quen que empece coa que queira ou poida conseguir antes e as vamos comentando simultáneamente?
Mar 25, 2021 11:59PM

1130343 Sí, acabo de facer enquisa de desempate. Queda aberta ata final de mes e xa empezamos a lectura en abril haha

https://www.goodreads.com/poll/show/2...
Mar 16, 2021 10:12AM

1130343 Feita! Pareceme boa idea deixala ata maio. :)
Mar 07, 2021 09:17PM

1130343 Bo día. Estou intentando borrar Os libros arden mal da nosa listaxe pero non son capaz :(

Se alguén sabe cómo que mo diga, senón, os que votastedes por el quitádelle o voto.

Todo isto ven porque hai que elixir lectura para marzo-abril, así que propoñede e votade na listaxe e o día 15 facemos a enquisa, que este mes xa nos retrasamos.

https://bit.ly/38K350C
« previous 1