Clube de lectura en galego (Ler en galego 2.0) discussion
Recursos de interese
date
newest »


Moitas gracias por compartir isto! Eu lin algúns relatos dentro dunha recopilación dos mitos de Cthulhu, e algúns fixéronseme pesados. Pero encantoume A sombra sobre Innsmouth, recoméndocha. Esta si me enganchou, e gustoume moito.

Eu son moi fan dos Mitos de Cthulhu, polo que non é doado para min escoller un ou dous relatos, pero coincido con nubosidade_variable en que “A sombra sobre Innsmouth” é dos mellores, e un bo comezo. Outro pode ser “A Chamada de Cthulhu”. Para min os mellores son “A sombra fóra do tempo” e “As Montañas da Locura”. Ben, e todo o Ciclo do Soño e...mellor paro xa.
Abro este fío para que podamos compartir por aquí novas de agrado para compartir.
Concretamente, quero compartirvos que o Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21 ven de reeditar e dixitalizar a obra completa de H. P. Lovecraft en galego, que podedes descargar de balde en PDF ou ePUB nesta ligazón: https://bit.ly/2XYUBO1.
Persoalmente, nunca lin nada deste autor e creo que vou aproveitar a ocasión. Se o líchedes, recomendades algún titulo para empezar?