Ler en galego discussion
Lecturas en galego do 2024
date
newest »


Ola! tiña curiosidade por ler o de Avelaíñas Eléctricas, pero hai algo que me tira para atrás... de que vai?

Éme un pouco difícil explicalo porque é un deses libros no que o máis importante son os propios personaxes e non tanto a trama en si xdd. Digamos que vai sobre dúas exnoivas que tratan de seguir adiante sen a outra nun ambiente novo e xestionando problemas laborais e familiares.
Edit: ah, e se o chegas a ler, polo que teño visto o audiolibro é moi malo, así que mellor vai pola edición en físico.
Ordenado pola data lido:
-O derradeiro libro de Emma Olsen (4/5): unha obra curtiña sobre amizades (case romances) codependentes. Non gostei tanto del como do primeiro libro que lin da autora (Un elefante na sala de estar) pero, entre o tema e o detalle das notas do pé de páxina, gustoume bastante.
-Carrusel (2/5): o peor libro que lin da autora ese ano. Sentino moi baleiro e superficial. Ademais, a narración confundiume un pouco.
-Dragal II. A metamorfose do dragón (2,5/5): citando a miña recensión do libro, foi como cando estás en clase de matemáticas e o profesor pregunta se se entendeu a resolución do problema máis estrambótico que podes imaxinar e todo o mundo asinte aínda que realmente ninguén ten nin puta idea de nada. Polo menos os personaxes están mellor construídos e o que propón en tema dragóns é interesante. Ademais, Brais é icónico.
-Non hai luz sen escuridade (4/5): un libro súper infravalorado. Amei as conversas que ten ao redor do que é o ben e o mal. Ademais, os personaxes están ben construídos. O peor que ten é o estilo da escrita, que ás veces chega a ser repetitivo.
-A luz nos teus ollos (2/5): creo que simplemente non foi para mín. Sabía que era un conto infantil, pero foi infantil de máis.
-A gran novela galega (4/5): moi irreverente e rápido de ler grazas aos seus capítulos curtos. É moi de comedia co tipo de personaxes™ que ten, mais tamén podes sacar reflexións interesantes sobre a situación actual da literatura galega.
-Ardora (2/5): se tivese que describir este libro nunha palabra, sería irrealista. Por moito que sexa un libro xuvenil (case middle grade), creo que peca de ser demasiado superficial. Hai libros mellores para concientizar sobre o medio ambiente para un público mozo.
-Aqueles corpos nosos (5/5): UNHA PUTA PASADA TODO O MUNDO TEN QUE LER ESTA SERIE. Mellor á primeira parte en todos os sentidos. O autor ten máis páxinas para desenvolver ben os personaxes, as súas relacións e o mundo no que viven. Ademais, o misterio sobre o que está a pasar síntese e crea tensión (incluso chegaría a dicir que medo por certas escenas).
-Illa decepción (3/5): bastante intensito como Carrusel, pero cunhas reflexións máis interesantes.
-Dragal III. A fraternidade do dragón (3,5/5): hai cousas que me seguen confundindo da saga, mais sinto que aquí foi cando o potencial que tiña dende o primeiro libro foi realmente aproveitado, especialmente todo o relacionado con Hadrián e o dragón.
-Maia e a troita perlada (4/5): un cómic adorable que me deu moita nostalxia á época na que lía webcomics polo seu estilo de deseño.
-Idol! (5/5): unha banda deseñada cun estilo súper fluído sobre o perfeccionismo, o peso que teñen as expectativas sobre nós e sobre querer contentar a todo o mundo.
-Oito días sen Eva Cortes (4,5/5): unha historia moi redonda e completa para ter menos de 200 páxinas. É a primeira vez que leo un thriller dende a perspectiva dunha periodista, e creo que a óptica dálle moito valor e serve para tratar varios temas interesantes sobre o papel dos medios en casos así.
-Contas de buxo (3,5/5): unha historia curtiña de misterio cunha reviravolta moi ben feita.
-Microalgas. O mundo oculto (3/5): é difícil dicir moito polo curto que é. Polo menos di cousas interesantes sobre as microalgas e o debuxo está moi ben.
-O caderno de rama (4/5): sinto que hai cousas da historia que non entendín, mais o debuxo tamén é bonito e consegue contar a historia sen dialogo.
-Os vagalumes de Marí (3,5/5): sinto que quedou curto de máis, pero o estilo de debuxo é moi adorable.
-Os Suicidantes (4/5): é fascinante ver a evolución das formas de revolución dos suicidantes contra o mundo distópico e capitalista no que viven. O estilo con tantas liñas (non sei como explicalo mellor xdd) e cru axuda a meterte na atmosfera da historia.
-Incoloro: A profecía dos sangues (3/5): o mundo é interesante e ten algunha reviravolta que non esperaba. Aínda así, se este é o único tomo que vai saír, a historia queda algo pobre.
-Adeline (3/5): o libro tiña que ter máis páxinas e desenvolver máis certas relacións para merecerse ese final. Aínda así, a ambientación está moi ben conseguida.
-O grande aviario (3,5/5): a historia en si é un pouco meh, mais os paxaros son adorables. Necesito unha serie enteira tipo Sherlock Holmes pero paxaros antropomórficos, grazas.
-Avelaíñas Eléctricas (5/5): unha puta pasada. Unha experiencia completamente visceral. Es capaz de empatizar coas dúas protagonistas independentemente do semellante que sexas a elas.
-Fago o que podo (5/5): case chorei e fíxome rir en voz alta varias veces. the range. Tamén dicir que falou de cousas que pensaba que só me pasaban a min. Ver que son experiencias máis universais do que pensaba está ben.
-Burbullas de calma serena (3/5): moi recomendado para o seu público polo tema que trata. Amei a Orión e a Casiopea.